Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fracasa o intento de golpe de Estado en Bolivia

Fracasa o intento de golpe de Estado en Bolivia

Luis Arce chamou á mobilización desde o interior da sede do Executivo asediada: "Non vou permitir esta insubordinación"

O comandante xeneral que encabezou o grupo militar sublevado, xa detido, dixera que ía "liberar todos os presos políticos"

O comandante xeneral do Exército Juan José Zúñiga, quen encabezou o grupo militar (Reuters)
G24.gal 26/06/2024 21:56 Última actualización 27/06/2024 16:26

Os militares fortemente armados que tiraron cun tanque as portas da sede de Goberno de Bolivia baixo o mando do que ata hoxe era o comandante xeral do exército boliviano Juan José Zúñiga, decidiron retirarse despois de que o presidente, Luis Arce, cambiara todo o alto mando militar tras o que considerou como un "intento de golpe de Estado".

Zúñiga, que ameazou nunha mensaxe con cambiar o "gabinete de Goberno" para "reestruturar" a democracia en Bolivia, encabezou a mobilización dun grupo de militares, o que o presidente Arce considerou como un "intento de golpe de Estado".

Un tanque tirou a porta da Casa Grande do Pobo, sede do Goberno de Bolivia na cidade da Paz, Zúñiga xunto a un grupo militar ingresou por sete minutos e logo retirouse. 

Ao saír da sede do Executivo, Zúñiga dixo aos medios que liberaría "todos os presos políticos", incluíndo á expresidenta interina Jeanine Áñez, o gobernador opositor Luis Fernando Camacho e "todos os militares presos".

Desde o interior da sede do Executivo, Arce chamaba á mobilización da cidadanía

Desde este martes habían algúns rumores sobre a suposta destitución de Zúñiga e doutros altos mandos militares. 

O mandatario Arce encarou a Zúñiga na porta da Casa Grande do Pobo, sede do Goberno, e ordenoulle "repregar" os militares que o acompañaban.

"Repregue todas estás forzas, é unha orde", gritoulle Luis Arce a Zúñiga.

Posteriormente os tanques e o grupo das Forzas Armadas retiráronse. Ao final do día, Zúñiga foi detido despois de que a Policía executase unha orde de aprehensión fiscal na súa contra

Arce agradece a Bolivia e á comunidade internacional o rexeitamento o "intento golpista"

O presidente de Bolivia, Luis Arce, agradeceu ao pobo boliviano e á comunidade internacional polo seu rexeitamento o "intento golpista" en contra do seu Goberno e reiterou a defensa á democracia do país.

"Saudamos e expresamos o noso máis sincero agradecemento ás nosas organizacións sociais e a todo o pobo boliviano, que saíron ás rúas e expresáronse a través de distintos medios de comunicación, manifestando o seu rexeitamento ao intento golpista, que o único que fai é danar a imaxe da democracia boliviana a nivel internacional e xerar incerteza innecesaria en momentos nos que as e os bolivianos necesitamos traballar para sacar adiante ao país", expresou nas súas redes sociais.

Condena de España

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, subliñou que España condena "rotundamente" os movementos militares en Bolivia.

"España condena rotundamente os movementos militares en Bolivia. Enviamos ao Goberno de Bolivia e ao seu pobo o noso apoio e solidariedade e facemos un chamamento a respectar a democracia e o estado de dereito", afirmou Pedro Sánchez nunha mensaxe en X.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade