Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous terroristas mortos e dous policías feridos nun atentado suicida en Turquía

Dous terroristas mortos e dous policías feridos nun atentado suicida en Turquía

O ataque tivo lugar preto do Parlamento, horas antes de retomar a súa actividade

G24.gal 01/10/2023 11:24 Última actualización 01/10/2023 11:50

Dous terroristas morreron este domingo nun atentado con bomba na entrada do Ministerio do Interior en Ankara, preto do Parlamento de Turquía. Utilizaron unha furgoneta cargada con explosivos que pretendían bater contra o edificio do Ministerio do Interior de Turquía, en Ankara.

"Ás 9.30 horas local (6.30 GMT), dous terroristas que chegaron nunha furgoneta levaron a cabo un atentado con bomba na porta de entrada do Ministerio do Interior. Un dos terroristas fíxose estalar, o outro foi neutralizado. Dous axentes de seguridade foron levemente feridos no tiroteo", escribiu o ministro do Interior, Ali Yerlikaya, nas súas redes.

O Ministerio do Interior atópase xusto enfronte do complexo do Parlamento de Turquía, que este domingo ten xuntanza para inaugurar o novo período de sesións, tras o receso de verán.

A policía turca pechou varias rúas e avenidas do centro de Ankara ao tráfico e empezou a rexistrar a zona de forma minuciosa en procura de pegadas ou explosivos. Polo momento non se atribúe a autoría do atentado a ningún grupo en concreto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade