Cargando resultados...
Un todo terreo sobe os chanzos dun portal en Madrid e encáixase nos ascensores
Por sorte, non houbo feridos
Os bombeiros de Madrid lograron desatascar axiña o vehículo e baixalo do portal
G24.gal
24/04/2024 19:40
Última actualización 24/04/2024 20:06
Accidente estrambótico en Madrid. Un todo terreo subiu os dez chanzos de acceso, atravesou a porta de entrada e rematou empotrado contra os ascensores no portal dun edificio da rúa Lagasca, no barrio de Salamanca.
Por causas descoñecidas, a condutora, que saíu ilesa do accidente, seica perdeu o control do vehículo, que se detivo finalmente na porta dos ascensores tras esmagar a cadeira do porteiro.
Afortunadamente, non houbo feridos.