Cargando resultados...
Un tornado deixa numerosos estragos en Cambados
Un tornado deixa numerosos estragos en Cambados
O suceso deixou tellados levantados, muros caídos e colectores desprazados
G24.gal
17/01/2024 16:23
Última actualización 18/01/2024 14:05
Un tornado deixou este mércores numerosos estragos no lugar do Couto de Abaixo, na parroquia de Castrelo, en Cambados.
Segundo informan os Servizos de Emerxencias deste concello do Salnés o paso deste fenómeno meteorolóxico provocou danos nunhas dez vivendas e unha nave.
O rastro do paso deste tornado é visible en toda a aldea. Amais de tellados que saíron voando, tamén derrubou o muro dunha propiedade.
Os colectores do lixo foron arrastrados pola forza do vento e quedaron esparexidos.
Por fortuna non hai que lamentar danos persoais.