Un total de 46 concellos galegos entran na sexta vaga libres da covid
A Coruña é a provincia con máis municipios sen casos activos e Pontevedra, a que menos
En plena vaga expansiva do virus, Galicia conta cun total de 46 concellos libres de covid, é dicir, sen casos activos. A Coruña é a provincia que máis municipios aporta a esta listaxe, seguida de Lugo e Ourense. Pontevedra é a que menos:
-A Coruña (16): Camariñas, A Capela, Carnota, Cedeira, Cerdido, Frades, Irixoa, Laxe, Mañón, Moeche, Ortigueira, Paderne, Padrón, San Sadurniño, Sobrado e Vilarmaior.
-Lugo (14): Baleira, Begonte, Cospeito, A Fonsagrada, Guitiriz, Meira, Muras, Negreira de Muñiz, Ourol, O Páramo, Riotorto, Samos, Rábade e Triacastela.
-Ourense (14): Beariz, Os Blancos, A Bola, Castelo do Val, Lobeira, Montederramo, Porqueira, Punxín, Quintela do Leirado, Riós, Rubiá, Sandiás, A Teixeira e Vilariño de Conso.
-Pontevedra (2): Catoria e Fornelos de Montes.
Begonte e Rábade
Os concellos con poboacións por baixo das 5.000 persoas evitan mellor a covid. Begonte, con 125 quilómetros cadrados e 3.100 habitantes, é plenamente rural e conta cun núcleo urbano moi pequeno.
O domingo pola mañá apenas hai movemento. Na rúa atopamos un veciño que, precisamente, vén de poñer a terceira dose da vacina. Coméntanos que a pandemia case non se notou no municipio.
Rábade, con 5 quilómetros cadrados de extensión e 1.600 habitantes, está preto de Lugo e que apenas ten zona rural. O gromo máis importante que houbera neste concello foi en agosto, cando pasaron ao nivel máximo de restricións. Hoxe non hai ningún positivo.
A distancia social e manter as medidas de prevención son o único protocolo que está nas nosas mans para afastar a covid.