Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un veciño de Mazaricos reclámalle á Seguridade Social os 20.000 euros da pensión que lle retirou ao dalo por morto

Un veciño de Mazaricos reclámalle á Seguridade Social os 20.000 euros da pensión que lle retirou ao dalo por morto

Dérono de baixa no Sergas e tivo que acudir á medicina privada

G24.gal 31/01/2024 14:29

Manuel Caamaño ten 78 anos e reside nunha aldea do concello de Mazaricos. Hai ano e medio dérono de baixa no padrón por falecemento ao confundilo cun veciño do mesmo concello co que compartía apelidos.

Manuel non sen decatou ata que a finais do ano pasado a Seguridade Social lle retirou da conta na que cobra a pensión o correspondente ao percibido durante ese ano e medio que estivo oficialmente morto.

“Deime de conta cando fun retirar cartos e o caixeiro comezou a tocar e tocar, e cando saíu xa non tiña carilla, estaba toda borrada. Quitáronme 20.000 euros, 20.180”.

Amais dos cartos, que xa reclamou a súa devolución, a Manuel dérono de baixa no Sergas e tivo que acudir á medicina privada. Tampouco se libra das chanzas dos seus familiares e amigos.

“Os amigos rinse, cando lles coincide de quedar din aí ven o que está no cadaleito, e imos tomar café. Imos tomar café”.

Aínda que xa se empadroou de novo, outra das consecuencias non desexadas deste erro burocrático é que Manuel non poderá votar nas próximas eleccións autonómicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade