Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un párroco denuncia un veciño de Vigo por unhas obras nun pendello

Un párroco denuncia un veciño de Vigo por unhas obras nun pendello

A reforma dun tellado provoca a denuncia por unha presunta infracción urbanística

G24.gal 19/01/2022 14:38

A modificación da construción auxiliar dun veciño a carón do templo, no barrio de Lavadores, provoca opinións diverxentes que desembocaron nunha denuncia no concello.
"Pareceume que prexudicaba a propiedade da igrexa, eu son o responsable e denuncieino perante o Concello. E hai, non o sei seguro, uns catro anos", explica Plácido Vázquez. o párroco de San Paio de Lavadores.

"Máis alto pero un pouquiño, só para que puideran correr as augas. Non se subiu máis, o pendello leva aí sesenta anos", asegura Florentino Molares.

Segundo o denunciado, a reforma mellorou o aspecto do pendello, pero o denunciante está convencido de que se trata dunha actuación irregular.

"A min paréceme que prexudica a igrexa, quere converter aquilo que era un pendello nunha vivenda, parece. Paréceme que estaba fóra da lei e eu denuncieino, nada máis. A min díxome alguén que o debía facer", di o cura. "Antes tiña un tellado de uralita e agora téñoo máis decente, porque antes as uralitas tiñan pedras por riba. De momento, vouno deixar como está, claro", defende Molares. 

O denunciado asegura que aínda non recibiu a resolución do expediente, que, se confirma a ilegalidade, podería supoñer a restitución da estrutura ao seu estado anterior e unha sanción económica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos