Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xardín terapéutico para os nenos ingresados no hospital Materno Infantil da Coruña

Un xardín terapéutico para os nenos ingresados no hospital Materno Infantil da Coruña

Enmárcanse dentro da Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria que o Goberno galego tamén vai impulsar noutros hospitais 

G24.gal 10/10/2024 14:23

Dende a decoración dunha sala... ata o sorriso dun médico, son moitos os factores que inflúen en que a estadía dunha persoa nun hospital sexa o máis satisfactoria posible. E sobre todo cando os pacientes son nenos e adolescentes para os que unha experiencia hospitalaria pode ter un forte impacto.

Pensando nisto, o Materno infantil da Coruña acaba de incorporar novos espazos para avanzar nese obxectivo de "humanización". O primeiro que chama a atención son as súas cores intensas, sobre todo porque contrastan co gris do edificio, ata o punto de chegar a esquecer que estamos nun hospital. Era o obxectivo do xardín terapéutico.

Estes espazos teñen un labor terapéutico, pero ás veces tamén axudan a entrar na personalidade dos nenos, moito máis complexa que as reaccións dos adultos. 

Isto enmárcase dentro da Estratexia de Humanización da Asistencia Sanitaria que o Goberno galego tamén vai impulsar noutros hospitais da comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade