Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xulgado declara nulas as comisións de descuberto que un banco lle repercutiu a unha moblería de Ourense

Un xulgado declara nulas as comisións de descuberto que un banco lle repercutiu a unha moblería de Ourense

A sentenza conclúe que esa comisión non respondía a ningún servizo e que supoñía un dobre cobro

G24.gal 18/01/2024 14:42

Un xulgado de Ourense declarou nulas as comisións de descuberto e excedido que unha entidade bancaria lle repercutiu durante 15 anos a unha moblería de Ourense. A sentenza conclúe que esa comisión non respondía a ningún servizo e que supoñía un dobre cobro, polo que obriga o banco a devolverlle o importe á empresa. 

"Declara a nulidade radical destas comisións de descuberto e excedido por falta de causa, porque non obedecen a ningún servizo. Estamos falando dunha condena á entidade bancaria de máis de 64.000 euros por estas comisións que lle repercutiu todos estes anos a esta peme de Ourense", explica o avogado Juan José Pérez Barreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade