Publicador de contidos
Publicador de contidos

A produtora do ano nos Premios Nacionais da Pataca é unha agricultora da Limia

A produtora do ano nos Premios Nacionais da Pataca é unha agricultora da Limia

A revista Campo, organizadora do certame, destacou a súa historia de superación e a súa aposta polo comercio de proximidade

G24.gal 11/01/2025 21:23 Última actualización 11/01/2025 22:48

Sen relación co mundo da agricultura, María Antonia Calvo entrou en contacto co sector da pataca da man do seu home. Ao falecer el, en 2016, decidiu continuar coa explotación coa axuda do seu fillo que, naquel intre, tiña 20 anos.

Foron anos duros, di, de moitas complicacións. Entre as medidas que adoptou está a de envasar baixo o selo de calidade da IXP Pataca de Galicia, cun novo formato, de catro quilos, que distribúe en tendas de Ourense, Santiago e A Coruña.

A súa loita viuse recompensada agora co recoñecemento como Produtora do Ano nos Premios Nacionais da Pataca, un galardón que busca pór en valor o traballo das mulleres neste sector. A entrega terá lugar o vindeiro 16 de xaneiro en Medina del Campo (Valladolid).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar