Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queiman unha autocaravana e máis de 8 colectores en Pontevedra e Marín

Queiman unha autocaravana e máis de 8 colectores en Pontevedra e Marín

Algúns sorpenderon dous mozos con senllos monopatíns e unha lata de gasolina

A Policía Nacional de Pontevedra investiga os feitos

G24.gal 06/06/2024 13:33

Noite sen tregua para os bombeiros de Pontevedra e o Morrazo que tiveron que sufocar as lapas nunha autocaravana no Casal na parroquia pontevedresa de Salcedo e catro colectores de lixo nesa zona. Os traballadores do repartimento sorprenderon dous mozos na zona con senllos monopatíns e unha lata de combustible.

Tamén en Marín os bombeiros do Morrazo tiveron que apagar lume noutros cinco colectores, nunha zona relativamente próxima a Pontevedra no monte Pituco.

A Policía Nacional de Pontevedra investiga os feitos e os efectivos da Científica tomaban pegadas esta mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade