Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría tenos en Teo sen Internet nin telefonía fixa desde o ano pasado

Unha avaría tenos en Teo sen Internet nin telefonía fixa desde o ano pasado

"O cargo bancario dos 92 euros mensuais non ten fallo, aínda que o servizo ao que corresponde siga interrompido"

Natividad comprobaba este martes que segue sen o servizo que paga a Movistar un día máis
G24.gal 21/02/2023 14:20

Nunha vivenda do concello de Teo levan preto de dous meses sen servizo de telefonía e datos contratados con Movistar. Así suman máis días dos que pasaron de 2023, porque a avaría produciuse co último temporal do ano pasado:

"Ao mellor lévolles feito unhas trescentas chamadas. Tamén levo acumuladas sete citas pola súa parte e canceladas sen aviso. Tiven que pedir libre máis dunha vez no traballo e os técnicos non apareceron", afirma Natividad Varela Blanco, a usuaria prexudicada.

Iso si -completa Natividad-, o cargo baancario dos 92 euros mensuais non ten fallo, aínda que o servizo ao que corresponde siga interrompido. E o peor, prexuízos de difícil cuantificación, como lembra esta veciña de Solláns: 

"Tres sobriños que podían pasar un días con nós grazas a que podían facer teletraballo tiveron que marchar por non ter Internet".

Polo que lle dixeron na última chamada, Movistar ten ben catalogada a avaría, pero non a soluciona:

"Dixéronme que a reclamación quedaba posta como que era unha solicitude de 'servizo técnico sangrante', segundo eles. Isto foi o luns, cando chamei. E sigo agardando que me atendan e chame a ver se veñen", conclúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade