Cargando resultados...
Unha casa rural de Carnota, recomendación de verán do diario británico 'The Times'
Unha casa rural de Carnota, recomendación de verán do diario británico 'The Times'
O artigo aconsella viaxar como locais e ir aos lugares que frecuentan os españois
G24.gal
09/08/2023 21:07
Última actualización 09/08/2023 21:12
Unha casa rural na praia de Carnota é unha das recomendacións da portada do xornal británico The Times, que aconsella viaxar por España como un local máis.
Entre os lugares que aman os locais destacan no segundo posto da súa listaxe o Lar do Mar, unha casa rural de 200 anos de antigüidade que reflicte a tradición arquitectónica galega.
Aseguran que moitos españois escapan no verán a campos esmeralda e praias de area branca do norte, como as paisaxes de Carnota.