Unha delegación do PPdeG trasládalle a presidenta da Eurocámara as prioridades para Galicia
Unha delegación do PPdeG trasládalle a presidenta da Eurocámara as prioridades para Galicia
Paula Prado reclamoulle a Metsola unha mellor repartición dos fondos estruturais e medidas para a defensa dos sectores pesqueiro e agrogandeiro
Unha delegación do Partido Popular de Galicia foi recibida esta mañá en Bruxelas pola presidenta do Parlamento Europeo, Roberta Metsola. Alcaldesas e concelleiras populares, encabezadas pola secretaria xeral Paula Prado, e acompañadas polos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, mantiveron un pequeno encontro na sede da Eurocámara.
Prado trasladoulle a Metsola as prioridades de Galicia, que pasan pola defensa da pesca e do agro, e que se teña en conta o equilibrio entre o lobo e a gandería. Pero tamén reclamou unha mellor repartición dos fondos estruturais. A secretaria xeral asegurou que non se invisten onde se deben investir e que o Goberno os reparte "dun xeito anómalo"