Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha destilería de Vedra ofrece a experiencia de coñecer o seu traballo e os seus produtos

Unha destilería de Vedra ofrece a experiencia de coñecer o seu traballo e os seus produtos

Pepe Albela abre as portas dos seus tres espazos dedicados á xenebra, o whisky e o ron

O visitante pode coñecer o proceso de destilación e degustar os seus produtos

G24.gal 10/07/2024 14:16

Pepe criouse entre alambiques. O seu pai tiña unha destilería na zona do Ulla, e de aí vén a súa paixón por este mundo. 

"A miña paixón é isto. Son moitas horas dedicadas á combinación dos botánicos con distintos tipos de destilados. Sae desta idea de ver o potencial que ten Galicia con botánicos e destilados e expresalo nunha botella", di Pepe Albela, mestre destilador. 

Agora, abre as portas dos seus tres espazos dedicados á xenebra, o whisky e o ron. Ofrece a experiencia de coñecer o proceso de destilación e as características dos seus produtos. Poden participar grupos de oito persoas a un prezo, segundo salienta, axustado.

"Non pensamos tanto no negocio da experiencia senón en que coñezas toda a tradición dos destilados en Galicia e na zona do Ulla e poidas vivir todo iso e ao tempo coñecer os produtos que estamos sacando ao mercado".

Os interesados poden gozar desta experiencia, previa reserva, a partir da semana que vén. Dan a opción de recoller os visitantes nun radio de 30 quilómetros e tamén se pode pasar alí a noite. Todas as facilidades para degustar os destilados que saen deste lugar de xeito seguro e, ao tempo, coñecer os segredos da alquimia e a destilación tradicional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar