Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha discoteca de Portonovo cancela a festa de fin de ano para a que vendera 2.200 entradas

Unha discoteca de Portonovo cancela a festa de fin de ano para a que vendera 2.200 entradas

Os directivos decidiron a suspensión do evento por precaución

Xa comezaron a devolver o importe das entradas

A Pobra do Brollón cancela a cabalgata de Reis

Marta González Salve 27/12/2021 14:10

Pechada a cal e canto. Así vai permanecer a madrugada do 1 de xaneiro esta discoteca de Portonovo onde todo estaba preparado para celebrar unha festa de fin de ano con máis de 2.200 asistentes.

A evolución da pandemia levou os seus propietarios a tomar a decisión de cancelala mesmo antes de coñecer as posibles restricións que poida establecer o comité clínico que se reúne este luns.

A decisión obrigounos a cancelar servizos e actuacións e persoal que xa tiñan contratados. 42 persoas en sala, dous picadiscos de Madrid, mercadorías e o servizo de autobuses.

Á falta das decisións que esta tarde poida adoptar o comité clínico, hai concellos como o lucense da Pobra de Brollón onde xa anunciaron a suspensión da cabalgata de Reis. 

Outros concellos valoran alternativas de cabalgatas estáticas ou que as súas maxestades de Oriente poidan recibir os máis pequenos da casa en espazos exteriores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar