Unha erupción volcánica en Islandia obriga a desaloxar 4.000 persoas
Unha erupción volcánica en Islandia obriga a desaloxar 4.000 persoas
Permanece desaparecido un home que caeu nunha fenda aberta pola actividade volcánica
Islandia rexistrou este domingo unha nova erupción volcánica que obrigou a desaloxar a localidade de Grindavik.
Catro mil persoas tiveron que ser evacuadas esta fin de semana
A erupción comezou ás oito da mañá deste domingo no suroeste de Islandia, nunha das zonas de máis actividade volcánica de Europa. Os tremores e avisos previos permitiron evacuar os catro mil habitantes da localidade de Grindavik, situada a menos dun quilómetro da erupción.
Permanece desaparecido un home que caeu nunha fenda volcánica
Un home de 51 anos desapareceu este mércores ao caer nunha fenda de trinta metros que a actividade volcánica abriu no xardín da súa casa.
A lava ameaza a localidade de Grindavik e a central eléctrica da rexión
Os servizos de emerxencia de Islandia tratan agora de controlar o rumbo da lava, que se dirixe á localidade desaloxada e á central que dá enerxía eléctrica á zona.