Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha escordadura de Zverev mete a Rafa Nadal na final de Roland Garros

Unha escordadura de Zverev mete a Rafa Nadal na final de Roland Garros

O partido encamiñábase cara o tie break do segundo set cando o alemán esnaquizou o nocello

G24.gal 03/06/2022 18:22

Rafa Nadal xogará a súa final número 14 de Roland Garros logo dun percance do seu rival, Alexander Zverev. O partido encamiñábase cara o tie break do segundo set cando Zverev tentou rescatar unha bola cruzada de Nadal. O seu nocello retorceuse e o tenista acabou a berros tendido na terra batida de París. 

O partido apuntaba a duelo eterno. Aínda non rematara o segundo set e xa levabamos máis de tres horas de encontro. Nadal gañara o primeiro set na morte súpeta (7-6) e o segundo ía cara o mesmo desenlace (6-6). 

O balear quita do medio outro gran rival e xa só lle queda un partido para agrandar a súa historia en Roland Garros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos