Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha exposición de Vilar de Barrio visibiliza o labor das mulleres no rural

Unha exposición de Vilar de Barrio visibiliza o labor das mulleres no rural

As veciñas son as protagonistas de quince fotografías repartidas polas aldeas de Vilar de Barrio.

Organizouna o concello para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero.

A única fotografía colectiva representa o compromiso das mulleres coa comunidade
G24.gal 13/12/2021 20:49

Experiencia, tradición, esforzo... son algúns dos valores que día a día achegan as mulleres rurais á comunidade, aínda que non sempre se recoñeza. Unha singular exposición, organizada polo concello ourensán de Vilar de Barrio, trata de sacalos á luz. 

A mostra, elaborada pola cooperativa Xeitura, concibiuse con motivo do día contra a violencia sobre as mulleres, para darlles visibilidade nas distintas facetas das súas vidas. 

"Visibilizar a muller do rural e combater a invisibilización, desde o traballo no fogar ata outros ámbitos", sinala Sara Ruiz, coordinadora da mostra. 

Quince paneis

Hai quince fotografías, noutras tantas localidades do concello de Vilar de Barrio. Cada unha representa unha idea: a terra, o presente, o traballo, a vida, o compromiso... a través de imaxes das propias veciñas realizando tarefas cotiás, tanto dentro como fóra da casa e tamén en beneficio da comunidade. 

A exposición fai, ademais, un percorrido xeracional: desde as avoas ás nenas, as mulleres do futuro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade