Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia de Cotobade perdeu a súa vivenda a causa dun incendio

Unha familia de Cotobade perdeu a súa vivenda a causa dun incendio

O lume prendeu nun cuarto e os tres ocupantes puideron fuxir sen danos

G24.gal 16/12/2023 22:25

Unha familia de Cotobade perdeu a súa vivenda a causa dun incendio ocorrido onte á noite. Os residentes puideron saír axiña e non houbo danos persoais, pero a vivenda calcinouse por completo. Os bombeiros da Estrada, os efectivos dispoñibles máis próximos, tardaron case unha hora en chegar, o que motivou as queixas da veciñanza.

As oito da tarde iniciábase o lume no interior da vivenda. Prendeu por causas que aínda se descoñecen nunha habitación e rapidamente propagouse por toda a casa.

Un meniño dun ano, súa nai e seu avó puideron fuxir do incendio sen sufrir danos. Pero non lles deu tempo a rescatar nada. A estrutura de madeira, a roupa, os mobles e outros útiles arderon. Os veciños foron os primeiros en acudir, con mangueiras e incluso cun tractor cisterna.

Os afectados quéixanse de que os servizos de emerxencia tardaron case unha hora en chegar. O parque de Ribadumia estaba pechado por folga, o de Pontevedra é municipal. O 112 avisou o GES da Estrada.

Por agora a familia foi acollida na casa duns parentes. Agardan que o Concello lles axude cunha nova residencia ata que poidan arranxar a que perderon entre as lapas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade