Unha familia ourensá gaña o preito con Iberia pola supresión de voos no confinamento
Unha familia ourensá gaña o preito con Iberia pola supresión de voos no confinamento
Iberia pretendía, cando o prexudicado reclamou extraxudicialmente, compensalo con bonos para viaxar noutras datas.
A compañía aérea Iberia terá que pagarlle a unha familia ourensá preto de 3.000 euros pola cancelación de voos en abril de 2020, cando o confinamento xeral pola pandemia. Neste caso, porque tres persoas que tiñan billete de ida e volta a Bos Aires quedaron sen viaxar polas cancelacións.
É unha sentenza firme, segundo informa La Región, asinada pola xuíza dun tribunal do mercantil. Iberia pretendía, cando o prexudicado reclamou extraxudicialmente, compensalo con bonos para viaxar noutras datas.
Non o aceptou e acudiu á xustiza, que obriga a compañía aérea a devolverlle 2.969 euros dos billetes e gastos de xestión. Ademais Iberia terá que afrontar o pagamento dos intereses legais e as costas do preito.