Cargando resultados...
Unha ferida na colisión dun turismo contra o escaparate dunha tenda na Coruña
Ao parecer a colisión debeuse a un impacto previo con outro turismo
G24.gal
18/03/2025 10:42
Aparatoso accidente a primeira hora da mañá deste martes en pleno centro da Coruña. Un turismo impactou contra a cristaleira dunha tenda de telefonía na praza de Pontevedra, despois de que un coche batese contra outro.
Debido a ese impacto, un dos turismos subiu á beirarrúa e chocou contra o escaparate da tenda, que aínda estaba pechada. Unha muller quedou ferida e tivo que ser trasladada a un centro sanitario.