Unha marabilla de Guler propicia o triunfo de Turquía (3-1)
Unha marabilla de Guler propicia o triunfo de Turquía (3-1)
O mozo xogador do Real Madrid desfixo o empate cun golazo no minuto 65
Un golazo no minuto 65 de Arda Guler, xogador do Real Madrid, cun lanzamento perfecto desde lonxe á escuadra da portería do valencianista Mamardashvili, deulle a vitoria a Turquía diante de Xeorxia. Os turcos gañaron por 3-1 na primeira xornada do Grupo F da Eurocopa que comparten con Portugal e a República Checa.
Adiantáronse os turcos cun gol de Muldur pero deseguido empatou Xeorxia grazas a Mikautadze. Ata o segundo tempo o partido era equilibrado pero apareceu Guler para marcar a diferenza. No último minuto do engadido Artukoglu fixo o definitivo 3-1.
3-Turquía: Mert Günok; Mert Müldür (Çelik, m. 85), Samet Akaydin, Abdülkerim Bardakci, Ferdi Kadioglu; Kaan Ayhan (Demiral, m. 79), Hakan Çalhanoglu (Salih Ozcan, m. 91); Arda Güler (Yacizi, m. 79), Orkun Kökçü, Kenan Yildiz (Artukoglu, m. 85); Barış Alper Yilmaz.
1-Xeorxia: Mamardashvili; Kakabadze, Kverkvelia (Zivzidvadze, m. 85), Kashia, Dvali, Tsitaishvili (Lochosvili, m. 74); Kochorashvili, Mekvabishvili (Altunashvili, m. 89), Chakvetadze (Davitashvili, m. 74); Kvaratskhelia, Mikautadze.
Goles: 1-0, m. 25: Mert Müldür. 1-1, m. 32: Mikautadze. 2-1, m. 65: Arda Güler. 3-1, m. 97: Artukoglu.