Unha mostra de fotos nunha ruta dunha aldea de Teo homenaxea os seus mortos
Unha mostra de fotos nunha ruta dunha aldea de Teo homenaxea os seus mortos
60 fotos de veciños da aldea de Penelas, en Teo, penduran entre as árbores para homenaxear os veciños xa finados
Camiño de vivos, camiño de mortos é o nome dunha exposición cando menos diferente que está entre as árbores, nunha ruta da aldea de Penelas, en Teo. No mes dos Santos e Defuntos volvérona pendurar e vai durar aínda ata o Nadal.
A mostra recupera unha historia popular que contaba a avoa Pepa, unha veciña da aldea, referida a cando o único paso peonil que había na aldea para ir ao camposanto era un ruta polo bosque.
Contaba Pepa que cando morría alguén tiñan que cargar en padiola os mortos para chegar ao cemiterio. Pero que as almas deses mortos tiñan o dereito de volver á ruta polo Día de Defuntos para reencontrárense cos seus seres queridos.
A exposición homenaxea as historias populares da avoa Pepa e os mortos do lugar.