Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha muller de 73 anos circula en sentido contrario pola AP-9 en Pontevedra

Unha muller de 73 anos circula en sentido contrario pola AP-9 en Pontevedra

Esquivou varios vehículos nun treito de pouco máis dun quilómetro

É o quinto caso dun coche kamikaze que se rexistra en quince días

O coche circulando en sentido contrario. Imaxes: Pontevedra Viva
G24.gal 03/12/2022 14:20 Última actualización 03/12/2022 20:39

Novo caso dun coche que circula en sentido contrario pola AP-9. Desta volta, a condutora é unha veciña de Poio, de 73 anos, denunciada por un delito contra a seguridade viaria. Ademais, xa está en curso a proposta da retirada definitiva do seu carné de conducir.

Circulou pouco máis dun quilómetro pola autoestrada, no concello de Pontevedra, preto do lugar no que o domingo pasado se rexistrou un accidente entre un autobús e un coche que tamén accedera en sentido contrario.

Foi outro usuario o que conseguiu desde o seu vehículo reducir a marcha da infractora. A muller cruzouse con varios automóbiles e incluso cun camión, pero conseguiu esquivalos.

Nas últimas tres semanas rexistráronse outros casos similares nos concellos de Miño, Vigo e o Porriño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade