Cargando resultados...
Unha muller queda ferida nun aparatoso accidente no concello de Baiona
Por causas que se están a investigar perdeu o control do coche e derrubou tres metros do noiro de contención da vía
O estado en que quedou o vehículo
G24.gal
02/06/2024 09:36
Última actualización 02/06/2024 09:54
Aparatoso accidente esta madrugada en Baiona. Unha muller salvou a vida tras sufrir unha saída de vía na PO-552 á altura de Baredo (Baiona). A condutora e única ocupante do vehículo é unha moza veciña da zona.
Por causas que se están a investigar perdeu o control do coche e derrubou tres metros do noiro de contención da vía.
Outros condutores alertaron aos servizos de emerxencias e auxiliaron á vítima ata que foi trasladada en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
O lugar do accidente