Un home deberá indemnizar a exmuller por coidar do fogar e os fillos durante 25 anos
Un home deberá indemnizar a exmuller por coidar do fogar e os fillos durante 25 anos
A muller, residente en Málaga, recibirá mais de 200.000 euros que a xuíza calculou a partir do salario mínimo interprofesional vixente cada ano dende que a parella casou
Ivana Moral casou en réxime de separación de bens, estivo 25 anos ocupándose da casa e dos fillos, renunciou a traballar fóra da casa. Mentres o seu marido multiplicaba o patrimonio. Acaban divorciados el queda con todo, Ivana con nada.
Asegura que quedou coa autoestima polo chan pero asesorouse no Instituto da Muller onde colleu o pulo definitivo para denunciar e reclamar o que consideraba seu.
Agora un xulgado de Vélez-Málaga sentencia que esa dedicación de Ivana ao fogar supón máis de 200.000 euros de indemnización, o salario mínimo interprofesional durante 25 anos.
O marido xa anunciou recurso pero Ivana asegura que a primeira batalla está gañada, a sentenza, di, é un recoñecemento o labor de todas as mulleres que traballan á sombra dos seus maridos.