Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha parella da Coruña recibe unha factura de luz por un importe superior aos 6.000 euros

Unha parella da Coruña recibe unha factura de luz por un importe superior aos 6.000 euros

Achegáronse ata unha oficina de Naturgy para poñer a correspondente reclamación e agora terán que agardar quince días ata que lles resolvan o caso

G24.gal 17/01/2022 14:00

Co prezo da luz batendo marcas, ninguén conta con que a factura vaia ser barata, pero probablemente ninguén conte tampouco co importe que lle chegou a Amanda e mais á súa parella.

Cando abriron a súa casa na caixa de correos atoparon a factura de 6.860 euros. Confesan que daquela entráronlles os tremores porque din que viven nun piso normal e que a maior parte do tempo están fóra.

Din que viven nun inmoble do barrio coruñés de Monte Alto en que practicamente non teñen nada eléctrico e a maior parte do día están fóra da casa. E o que tamén lles parece incrible é que lles volvan mandar o recibo por dous meses de consumo, do 26 de setembro ao 25 de novembro, cando esas facturas, di, xa as aboaron.

Tras este pesadelo de tres días, confían en que nese prazo de dúas semanas a compañía rectifique e solucione o que eles cualifican como un erro.

Esta mañá achegáronse ata unha oficina de Naturgy para poñer a correspondente reclamación e agora terán que agardar quince días ata que lles resolvan o caso.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade