Unha parella de enxeñeiros deixouno todo para volver ao rural como panadeiros
Unha parella de enxeñeiros deixouno todo para volver ao rural como panadeiros
Agora rexentan a panadaría Seivane de Bretoña, na Pastoriza
Javier é a terceira xeración dunha familia de panadeiros
Tras as portas da panadería Seivane de Bretoña, na Pastoríza, recíbennos Javier e Vanesa. Esta parella apostou por tomar o relevo da panadería familiar e agora encabezan un proxecto cheo de xente nova e futuro.
"Eu era enxeñeiro industrial e estaba en Vigo. Meus pais tiveron que parar por un problema de saúde e eu, despois de moito pensalo, decidín tomar o relevo e ser a terceira xeración", explica Javier Castro Seivane.
"Deixamos unha vida na gran cidade e con traballos acomodados para vir ao rural a darlle vida a isto e ademais atopamos xente moi nova para continuar con nós", relata Vanesa Míguez Bouzas.
Un dos seus piares baséase nas fariñas do país e no traballo artesanal, e outro na innovación. Javier é dos primeiros panadeiros galegos en apostar pola fermentación en frío, que achega diversos beneficios.
"Os pans traballan todos cunha fermentación dun mínimo de 20 horas o que nos permite que cando chego as 4 ese pan que vou facer xa está fermentado. Isto permítenos que a xente poida conciliar mellor e ademais é un pan cun índice glicémico máis baixo, máis saudable porque o glute está degradado", explica Javier.
A diario saen deste forno uns 300 quilos de pan tradicional, ademais de empanadas, doces e pans especiais para os que hai días específicos.
"Cada principio de mes dicímoslles aos nosos clientes que especialidades vai haber, desde millo corvo ao de cabaza, tomate ou chocolate", conta Vanesa.
Apostan polo I+D cun forno de leña de 1972 como protagonista e cunha filosofía clara: fariña, auga e tempo.