Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha parroquia de Barreiros con 19 casas contrata O Combo Dominicano para as festas

Unha parroquia de Barreiros con 19 casas contrata O Combo Dominicano para as festas

Vilamartín Pequeno prepárase para recibir este venres unhas 6.000 persoas

Félix Aragunde 15/06/2022 14:04

Tras dous anos sen celebraren as festas patronais, os veciños de Vilamartín Pequeno, unha parroquia de Barreiros con 19 casas habitadas, contrataron para a verbena O Combo Dominicano.

Agardan uns 6.000 asistentes e como no campo da festa non hai espazo dabondo para tanto público, tiveron que acondicionar unha leira próxima ao cemiterio parroquial.

José Antonio Rodríguez, ramista: "A orquestra colle de sobra aquí, pero o que non colle é a xente. O representante da orquestra veu aquí, miramos o sitio e dixo que era estupendo, que podían coller unhas 8.000 persoas".

Para contratar unha das orquestras galegas con máis caché, os ramistas tiveron que recadar en total máis de 13.000 euros. Xuntaron eses fondos non só grazas ás achegas dos veciños, senón tamén a que seguiron vendendo lotería durante os anos que non houbo festas.

José Antonio Rodríguez, ramista: "Os fregueses colaboran coa cota que temos e despois pídese cando se fai a procesión, e temos que agradecerlles aos negocios de fóra que colaboraron con nós. E despois tiñamos, pola pandemia, dous anos de lotería aforrados".

A verbena das festas na honra de San Xoán Degolado de Vilamartín Pequeno celebrarase este mesmo venres á noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos