Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha pastelaría de Lalín vende galletas solidarias para axudar a Valencia

Unha pastelaría de Lalín vende galletas solidarias para axudar a Valencia

A recadación das vendas irán integramente a comprar produtos de primeira necesidade que se enviarán a Valencia

G24.gal 04/11/2024 14:19

Son moitas as iniciativas solidarias que estes días buscan achegar o seu gran de area para axudar o pobo valenciano. En Lalín unha pastelería fixo 1000 galletas cuxa recadación da venda irá destinada integramente á compra de produtos de primeira necesidade que serán enviados a Valencia. Levan vendidas máis da metade e agardan ter que facer moitas máis.

A propietaria da pastelaría non descarta falar cos provedores para que  fagan unha doazón de manteiga que é o produto máis caro na elaboración das galletas e así poder recadar máis cartos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade