Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha supervivente de Auschwitz pon en pé o Senado italiano

Unha supervivente de Auschwitz pon en pé o Senado italiano

A "vertixe" de Liliana Segre, unha senadora de 92 anos que foi expulsada da escola por ser xudía

Meloni asegúrase o control do Senado e indigna a Berlusconi 

G24.gal 13/10/2022 16:06 Última actualización 13/10/2022 17:30

Chámase Liliana Segre, é senadora vitalicia de 92 anos e é tamén sobrevivente do campo de Auschwitz.

Na apertura da lexislatura no Senado italiano, Segre lembrou que este mes se cumpre o centenario da marcha sobre Roma que supuxo o comezo do fascismo, un feito cargado de "simbolismo" que lle fixo sentir a "vertixe" dos seus recordos.

"Neste mes de outubro no que se cumpre o centenario da Marcha sobre Roma, que deu orixe á ditadura fascista, corresponde a alguén como eu asumir temporalmente a presidencia deste templo da democracia que é o Senado da República", dixo a senadora vitalicia, de 92 anos.

"Éme imposible non sentir unha especie de vertixe ao lembrar que a mesma nena que, un día como este de 1938, desconsolada e desconcertada, se viu obrigada polas leis racistas a deixar baleiro o seu pupitre, hoxe se atopa por un estraño destino no pupitre máis prestixioso do Senado", engadiu.

As súas palabras levantaron a todo o Hemiciclo, que ovacionou longamente a Segre, activista e sobrevivente do Holocausto en cuxa infancia sufriu as represalias das Leis Raciais do réxime fascista pola súa orixe hebrea e a deportación ao campo de exterminio de Auschwitz-Birkenau.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade