Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha veciña de Oleiros en Marrakech: "Foron cinco segundos. E xa empezou todo a moverse"

Unha veciña de Oleiros en Marrakech: "Foron cinco segundos. E xa empezou todo a moverse"

Mar Villar estaba cos seus fillos na cidade marroquí cando se produciu o terremoto

G24.gal 12/09/2023 15:05

"Estamos pasando a noite aquí, na praza, coma moita xente". Así relataba Mar Villar a través do seu teléfono o que estaba vivindo na que era a súa última noite en Marrakech. Ceaba cos seus fillos na azotea dun restaurante cando sentiron o tremor.

"Foron, non sei, cinco segundos. E xa empezou todo a moverse dun xeito incrible. Todos tiñamos unha cara de terror. E nada, nun segundo vireime e díxenlles aos meus fillos: 'correde'", conta esta veciña de Oleiros.

Porque só pensaba en chegar a unha zona aberta entre rúas estreitas e cascallos. Correndo sortearon os primeiros momentos de incerteza: "Eu dicía e que como teñamos unha réplica, todo o que non cae desta vai caer".

Foron momentos de moitos nervios. "Os turistas, vinte minutos despois do terremoto, xa estaban coas maletas na rúa collendo taxis, o tráfico volveuse infernal".

Eles gardaron na praza ata saber que o seu hotel quedara en pé. Recolleron todo en cinco minutos e marcharon ao aeroporto, onde agardaron as horas que lles quedaban para coller o avión de volta, ás dez da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade