Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha xornalista dunha canle estatal rusa manda en directo unha mensaxe de non á guerra

Unha xornalista dunha canle estatal rusa manda en directo unha mensaxe de non á guerra

María agora está detida e enfróntase á pena de prisión

G24.gal 15/03/2022 08:11

O "non á guerra" entrou na televisión rusa. Datos contrarios á versión oficial do Kremlin son cualificados de mentiras e, por mor dunha nova lei, a súa difusión supón pena de cárcere. Pero, aínda así, hai voces que non calan. Unha xornalista da canle estatal Channel One lanzou a mensaxe en directo.
A xornalista María Ovsiannikova irrompeu cun cartel en que dicía: "Méntenvos, non creades a propaganda... Non á guerra".

María agora está detida e enfróntase á pena de prisión. Antes da súa detención publicou unha mensaxe en Twitter en que denunciaba a responsabilidade desta agresión nun só home, Vladimir Putin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade