Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos III viaxa a Irlanda do Norte nunha visita histórica como novo rei

Carlos III viaxa a Irlanda do Norte nunha visita histórica como novo rei

Unhas 26.000 persoas din adeus a Isabel II en Edimburgo, antes do traslado a Londres

Medidas de seguridade e ensaios de madrugada: Londres prepárase para unha despedida multitudinaria

G24.gal 13/09/2022 14:29 Última actualización 13/09/2022 17:42

Carlos III visita por primeira vez como rei Irlanda do Norte, un territorio onde afronta o desafío de asentar a reconciliación entre unionistas e republicanos, e de evitar a ameaza secesionista. Acompañados da primeira ministra, o rei e a raíña consorte reuniuse en Belfast co secretario de Irlanda do Norte e cos líderes políticos, incluída a do Sinn Fein.

No castelo de Hillsborough, a residencia real na provincia, situado preto de Belfast, e tras un baño de masas, Carlos III comprometeuse a seguir "o exemplo brillante" de Isabel II e asegurou que traballará para asegurar o "benestar" de "todos os habitantes" de Irlanda do Norte.

"A miña nai, seino, sentía profundamente a importancia do papel que desempeñou para unir a aqueles a quen a historia separara, e de estender a man para curar antigas feridas", afirmou o novo xefe do Estado británico.

A continuación, Carlos III e Camila, trasladáronse á catedral de Santa Ana para asistir a unha cerimonia relixiosa.

Mentres, en Edimburgo continúan as longas ringleiras, de ata catro horas, para renderlle tributo a Isabel II. Pola catedral de Saint Giles desfilaron día e noite os cidadáns que queren visitar a capela ardente da raíña. De todas as idades e todas as procedencias. Dende os territorios da Commonwealth ata os puntos máis afastados de Escocia, que hoxe despide a raíña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade