Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unhas 7.000 mulleres participarán o domingo na Carreira da Muller da Coruña

Unhas 7.000 mulleres participarán o domingo na Carreira da Muller da Coruña

A Asociación Española contra o Cancro recibirá gran parte do recadado

G24.gal 19/09/2024 20:54 Última actualización 19/09/2024 21:14

Rocío e a súa filla Inés adéstranse acotío. O seu próximo desafío é a Carreira da Muller da Coruña, na que participarán o domingo, xunto ao seu equipo de Marines que promove o deporte adaptado en familia.

"Xuntamos a visibilidade da muller, que me parece importante, coa discapacidade e o deporte. E imos intentar visibilizar todo iso", asegura Rocío Alfonso. 

Tamén Vanesa acudirá un ano máis á cita co seu club, o Oysho Running Club.

"Nunca sinto en sensacións e enerxía o que sinto cando corro esta carreira".   

Quedan poucos días para a proba e hai que seguir preparándose.

As corredoras disporán de 90 minutos para completar 6,3 km, que discorrerán polo paseo marítimo entre Riazor e a Torre de Hércules.

Todas unidas na loita contra o cancro de mama, e este ano tamén o metastásico.

A Asociación Española contra o Cancro recibirá gran parte do recadado na Carreira da Muller da Coruña na que este ano participarán unhas 7.000 mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade