Publicador de contidos
Publicador de contidos

O festival Revenidas Miúdo reúne 3.000 persoas no Monte do Gozo

O festival Revenidas Miúdo reúne 3.000 persoas no Monte do Gozo

Foron máis dunha ducia de actuacións en tres escenarios diferentes

A romaría comezou ás doce da mañá  e prolongouse toda a tarde

G24.gal 28/07/2024 21:23 Última actualización 28/07/2024 21:59

Os arrolos de Xabier Díaz e Guillerme Fernández chegaban á hora da sesta pero no Monte do Gozo non había nin sono nin ganas de durmir.

Foron nove horas de música e de actuacións ininterrompidas en tres escenarios diferentes. Na súa segunda edición, o Revenidas Miúdo busca consolidarse como unha romaría para vivir en familia e en galego.

"Eu creo que desde pequeniños é o xeito de que vaian mamando a nosa música e a sonoridade da nosa lingua é unha axuda fundamental. É indispensable para que medren nun entorno normalizado con música en galego e literatura e a escola en galego", di Xabier Díaz.

"Estamos intentando por isto en valor, cada ano crecer un pouco máis e que sexamos un pouco referente en Galicia, porque non se fai nada parecido", afirma Juilo Asorey, encargado da organización do festival.

Con Uxía Lambona e a súa banda Molona bailaron pequenos e grandes aínda que todos os concertos estaban dirixidos aos pícaros.

"Encántame o rock and roll", di unha nena que escoita o concerto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade