Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unhas xornadas afondan en Toén en como recuperar o rural despoboado con innovación

Unhas xornadas afondan en Toén en como recuperar o rural despoboado con innovación

As xornadas Territorios Rurais Intelixentes están organizadas pola Deputación de Ourense e o xornalista Manuel Campo Vidal

Alcaldes e técnicos concordan en que o rural ten agora unha grande oportunidade a través de solucións tecnolóxicas

G24.gal 17/04/2024 13:57

Levar ao rural servizos e novas tecnoloxías preséntase como unha oportunidade para volver dar vida as nosas aldeas. É sobre o que debaten este mércores en Toén nas xornadas Territorios rurais intelixentes, organizadas pola Deputación de Ourense e o xornalista Manuel Campo Vidal. Estas solucións innovadoras son nas que, dende Medio Rural, di a conselleira María José Gómez, están xa a traballar.

Recuperar o rural despoboado pasa por sumar ao básico -o traballo a vivenda e os servizos-, outros elementos imprescindibles nestes tempos: a conectividade -co satélite é posible-, enerxía e autoprodución e a formación.

Alcaldes e técnicos concordan en que o rural ten agora unha grande oportunidade afondando en solucións concretas e tecnolóxicas que se precisan para traballar e vivir no rural.

Para Medio Rural a aposta pola innovación é a solución para loitar contra o despoboamento e dar vida ás aldeas galegas.

Estas xornadas desenvólvense no Centro Integal de Loita contra o Lume que Medio Rural ten en Toén para formar e investigar sobre incendios forestais. Un complexo, segundo Medio Rural, emblemático e referente en materia de innovación contra o lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade