Unións Agrarias defende que as organizacións maioritarias da cornixa cantábrica "vaian da man" nas mobilizacións
Unións Agrarias defende que as organizacións maioritarias da cornixa cantábrica "vaian da man" nas mobilizacións
Unións Agrarias defende que as organizacións maioritarias da cornixa cantábrica "vaian da man" nas mobilizacións
As protestas comezarán no norte de España a partir do día 20 de febreiro
Defenden "unha táboa reivindicativa común do sector", centrada en acadar un "prezo digno dos seus produtos"
As protestas das grandes organizacións agrarias de Galicia comezarán o 20 de febreiro, para non interferir nas eleccións. Ese día os tractores sairán á rúa, tras o acordo do sector agrogandeiro maioritario do norte de España. Serán mobilizacións conxuntas e coordinadas cos colectivos maioritarios da cornixa cantábrica.
"Chegamos a un acordo todas as organizacións e chegamos a un acordo tamén no tipo de mobilizacións. Nós cremos que as mobilizacións non poden ser un obxectivo en si mesmas. Teñen que acadar un fin que é mellorar a situación, uns cambios substanciais en determinadas cuestións que nos parecen vitais", di Félix Porto Serantes, secretario de coordinación sectorial de Unións Agrarias.
Desde Unións Agrarias defenden "unha táboa reivindicativa común do sector", centrada en acadar un "prezo digno dos seus produtos".
"Mentres hai unha inflación brutal, unha suba de prezos brutal de cara ao consumidor de todos os produtos do agro alimentarios non está repercutindo realmente en quen traballa e vive do campo e nos produtores deste país. O que necesitamos é regularizar iso en definitiva, que se aplique a lei de cadea alimentaria. Necesitamos poñer en marcha o que é o Observatorio de prezos. Necesitamos que cando entren produtos de terceiros países entren nas mesmas condicións e co mesmo nivel de esixencias que os produtores deste país", engadiu.
Esixen ademais a eliminación de certa burocracia, que segundo din, "aumenta os custos de produción pero non achega nada á seguridade alimentaria" e a reformulación dalgunhas das normativas medioambientais.