Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preto de 22.000 persoas optan a unha das 400 prazas ofertadas pola Xunta

Preto de 22.000 persoas optan a unha das 400 prazas ofertadas pola Xunta

Este sábado é a quenda do corpo superior da Administración autonómica A1 e do corpo auxiliar C2

Pola mañá examináronse 822 persoas, que compiten por acadar unha das 75 prazas ofertadas 

G24.gal 01/07/2023 14:52 Última actualización 01/07/2023 21:09

Outra fin de semana máis de nervios no recinto feiral de Silleda. Na mañá deste sábado era a quenda do corpo superior da Administración autonómica (A1). Para este exame estaban inscritas preto de 1.600 persoas, presentáronse finalmente 822, un 52 % dos aspirantes iniciais. 

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistía ao inicio destas oposicións. Defendía a transparencia e a previsión coa que a Xunta realizou a convocatoria dos exames.

"Xa publicamos as datas dos exames na primavera, de todos os exames que se van celebrar de xuño ata febreiro de 2024 e a vindeira semana publicaremos xa as datas dos segundos exames dalgunhas probas", di o conselleiro.

Os 822 opositores compiten por acadar unha das 75 prazas ofertadas pola Xunta.

"Eu creo que este ano con todos os anuncios previos que houbo para poder organizar o estudo e o número de prazas que hai, eu creo que está moi ben para que sexa o ano para sacar a praza, pero a ver se hai sorte", destaca unha opositora.

Na tarde deste sábado e mañá domingo continúan os exames de oposición da Xunta, con preto de 22.000 persoas inscritas para acceder a preto de 400 prazas de emprego público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade