Uns 7.000 axentes velarán pola seguridade o 9X en Galicia en 2.337 colexios electorais
Uns 7.000 axentes velarán pola seguridade o 9X en Galicia en 2.337 colexios electorais
Efectivos da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local custodiarán 2.337 colexios electorais
2.702.442 electores están chamados a votar
Uns 7.000 axentes de Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local velarán pola seguridade o 9X en Galicia, onde haberá 2.337 colexios electorais e 3.922 mesas que estarán atendidas por 11.766 persoas elixidas por sorteo.
Os datos facilitounos este martes o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen lembrou que están chamados ás urnas un total de 2.702.442 galegos e galegas, "dos cales 109.690 votarán por primeira vez".
Blanco detallou que o dispositivo de seguridade está formado por 2.079 axentes da Policía Nacional, 4.077 da Garda Civil e 948 de Policía Local.
Sinalou, ademais, que estarán pendentes destas eleccións europeas un total de "311 empregados de Delegación do Goberno e subdelegacións" así como "2.547 representantes da Administración nos colexios electorais".
Eleccións inclusivas
O delegado asegurou que estas son "as eleccións máis inclusivas", coa concesión de 80 kits con linguaxe braille para persoas cegas, e indicou que se aceptaron 36.205 solicitudes de voto por correo.
"Confiamos en que vai ser unha xornada tranquila", declarou Pedro Blanco, que anima aos galegos e galegas a ir votar o domingo porque en Europa "van tomar decisións vitais" en sectores, puxo de exemplo, "como a agricultura, a gandería ou a industria".