UPN di que a moción en Pamplona non lles pode saír gratis a Sánchez e Chivite
UPN di que a moción en Pamplona non lles pode saír gratis a Sánchez e Chivite
Di que o apoio socialista á moción rompe as pontes con UPN
Asegura que Chivite queda ás ordes de Geroa Bai e Bildu
O presidente de UPN volveu cargar contra os socialistas por apoiar a moción de censura que colocará a EH Bildu á fronte do Concello de Pamplona.
Javier Esparza aproveitou a asemblea anual de afiliados da formación rexionalista para cualificar o apoio de "vileza, mercadeo, mentira e degradación da política".
Esparza insistiu en que estaba acordado hai meses e pediu que Navarra e España reaccionen para que non lles saía gratis nin a Sánchez nin a Chivite.
"María Chivite acaba de quedar en minoría. María Chivite e o partido socialista van ter que estar ás ordes de Geroa Bai, ás ordes de EH Bildu, porque así o quixeron, cando tiñan outra posibilidade pero rexeitárona", asegura o presidente de UPN.