Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de persoas participan na andaina solidaria "Lugo en Marcha contra o cancro"

Centos de persoas participan na andaina solidaria "Lugo en Marcha contra o cancro"

O principal obxectivo é recadar fondos para a investigación da doenza

G24.gal 04/05/2024 21:10 Última actualización 04/05/2024 22:19

Varios centos de persoas participaron este sábado pola tarde na quinta edición da andaina solidaria Lugo en marcha contra o cancro.

Entre outros motivos, queren recadar fondos para a investigación dunha enfermidade que é unha das causas principais de morte no mundo.

A andaina consegue igualar e crear irmandade. Axiña o adarve da muralla énchese de camisetas rechamantes que traen esperanza. Participa xente de calquera idade e de diferentes condicións físicas.

Unha hora máis tarde de que arrancara a andaina comeza tamén unha carreira solidaria con diferentes distancias e categorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade