Cargando resultados...
Vacinación infantil contra a covid-19 en Ourense entre disfraces e cabazas
Vacinación infantil contra a covid-19 en Ourense entre disfraces e cabazas
Son as nenas e nenos que fixeron 5 anos nos últimos meses
G24.gal
31/10/2022 20:43
Acaban de facer cinco anos e teñen que vacinarse contra a covid-19, pero... Con sorpresa incluída!
O persoal encargado da vacinación en Ourense recibiunos disfrazados, rodeados de cabazas, arañeiras e morcegos, e con moitos sorrisos en pleno Samaín.
Moitos dos pequenos que recibiron a súa dose tamén ían disfrazados, e como premio, ao final, levaron caramelos e postais a maiores da saúde.