Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vai expirando a actividade sísmica e volcánica nas fisuras abertas o domingo en Islandia

Vai expirando a actividade sísmica e volcánica nas fisuras abertas o domingo en Islandia

A lava dunha segunda fenda dana tres casas do porto pesqueiro de Grindavík

A vila está totalmente evacuada desde o primeiro momento 

Casas afectadas en Grindavík pola lingua de lava
G24.gal 15/01/2024 18:54

A actividade está diminuíndo na fenda volcánica aberta á mañanciña deste domingo a menos dun quilómetro do porto pesqueiro islandés de Grindavík.

Aínda así, na última acometida de lava, produto dunha nova fenda máis próxima á zona urbana, tres casas víronse afectadas polo magma nunha cidade deserta, evacuada e en emerxencia máxima desde a primeira erupción.

O río de magma da última fisura brotou dentro das barreiras de terra e rochas que se levantaran para frear o fluxo e protexer a cidade.

A comunidade científica confía en que, de seguir a actividade á baixa, o episodio podería resolverse nas vindeiras 24 horas como explica o xeofísico islandés, Ari Trausti Gudmundsson.

"Durante a noite, a fisura deixou de ter actividade. Agora mesmo só hai algo de fluxo de lava desde a parte norte da fenda e vai diminuíndo. A esperanza é que entre hoxe e mañá a actividade se deteña por completo"

A península de Reykjanes, ao suroeste de Islandia, a 56 km da capital Rejkiavik, rexistrou máis de 200 sismos antes da apertura da fisura, o maior de 3,5 graos, sinal dunha erupción inminente polo que se evacuaron os tres mil habitantes de Grindavík por segunda vez desde novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade