Van Vleuten sofre, pero gaña a terceira Vuelta consecutiva
Van Vleuten sofre, pero gaña a terceira Vuelta consecutiva
Vollering atacou na subida a Covagonda e faltáronlle dez segundos para quitarlle o primeiro posto
Van Vleuten gañou a súa terceira Vuelta a España consecutiva, pero tivo que sufrir máis ca nunca. Vollering, segunda clasificada a pouco máis dun minuto, anunciou batalla e chegou na derradeira subida aos Lagos de Covadonga. Vollering non quixo agardar e puxo un ritmo infernal desde o pé do porto. Nun principio aguantou Van Vleuten, pero a cinco quilómetros da meta foise a carón de Realini á procura da vitoria na etapa e na xeral.
A camisola vermella tirou de veteranía, controlou as súas forzas e conseguiu manexar a vantaxe que tiña á fronte. Non lle sobrou moito, gañou a Vuelta tan só por unha diferenza de nove segundos. No terceiro chanzo apareceu a italiana Realini, a máis nova de todas e cun futuro esplendoroso nas grandes voltas por etapas.