Varios incendios forestais continúan activos en Navarra e Cataluña
Varios incendios forestais continúan activos en Navarra e Cataluña
Os tres grandes incendios activos en Cataluña queimaron xa máis de mil hectáreas de terreo
O traballo realizado polos bombeiros durante a noite conseguiu conter o avance do lume na serra de Leyre, en Navarra, pero coa chegada das primeiras luces do día todo cambiou.
"Axiña volveron subir as temperaturas, está baixando a humidade, e imaxino que todo o que agora parecía apagado volverá prender"
Os medios aéreos despregados na zona concentran os seus esforzos nos lugares inaccesibles por terra. Nesta mesma comunidade autónoma permanece activo un segundo incendio forestal na zona de Tafalla.
Os tres grandes incendios activos en Cataluña queimaron xa máis de mil hectáreas de terreo.
A metade delas en Artesa de Segre, na provincia de Lleida, onde as autoridades activaron o nivel 2 de emerxencia e desaloxaron 74 veciños.
Os equipos de emerxencia pediron aos agricultores que colaboren despexando de maleza o terreo cos seus tractores e nesta xornada incorporáronse aos traballos de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
"Trátase dun subgrupo táctico aquí neste incendio, o que serían uns 120 militares e logo outros subgrupos tácticos están traballando noutros incendios"
O outro incendio forestal activo na provincia ilerdense, o de Castellar de Ribera e o de Corbera d'Ebre, en Tarragona, queimaron 300 hectáreas cada un.