Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Estado Islámico reivindica o tiroteo que deixa 40 mortos e máis de 100 feridos nunha sala de concertos de Moscova

O Estado Islámico reivindica o tiroteo que deixa 40 mortos e máis de 100 feridos nunha sala de concertos de Moscova

Foron tres individuos vestidos de camuflaxe quen iniciaron os disparos

Momentos despois tivo lugar unha explosión e declarouse un incendio

Imaxes do centro comercial mentres está activo o incendio (Reuters)
G24.gal 22/03/2024 19:07 Última actualización 23/03/2024 16:57

O grupo xihadista Estado Islámico reivindicou este venres o tiroteo nunha sala de concertos dun centro comercial nos arredores de Moscova, que causou polo menos 40 mortos e 100 feridos, segundo a axencia Amaq, órgano de propaganda da organización.

"Os combatentes do Estado Islámico atacaron unha grande agrupación de cristiáns na cidade de Krasnogorsk, nos arredores da capital rusa, Moscova, e mataron e feriron por centos de persoas e causaron unha gran destrución no lugar antes de retirarse ás súas bases de maneira segura", informou Amaq na súa canle de Telegram.

ataque realizouse con armas automáticas. Os disparos foron realizados cando menos por tres persoas con roupa de camuflaxe no centro comercial Crocus City Hall, onde momentos despois tivo lugar unha explosión e se declarou un incendio, como informou a axencia oficial RIA Nóvosti.

Nas imaxes colgadas por testemuñas oculares nas redes sociais vese como varios homes disparan contra a xente á súa entrada no centro comercial e os corpos de varias vítimas xacen no chan nun charco de sangue.

"Hoxe no Crocus City Hall ocorreu unha terrible traxedia. As miñas condolencias aos familiares dos mortos", escribiu o alcade de Moscova, Serguéi Sobianin, na súa canle de Telegram.

Segundo as autoridades da rexión de Moscova, unha vintena dos feridos tiveron que ser hospitalizados, catro deles en estado grave.

Os servizos de bombeiros aínda están tentado extinguir coa axuda de medios aéreos o incendio que se declarou no edificio.

As embaixadas occidentais en Rusia advertiran sobre posibles atentados terroristas neste país, avisos que o presidente, Vladimir Putin, considerou "un intento de intimidar e desestabilizar a nosa sociedade".

O alcalde de Moscova suspendeu todas as actividades masivas previstas para a fin de semana na capital rusa, mentres as autoridades extremaron a seguridade nos aeroportos internacionais en previsión de novos ataques.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade