Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciñanza do Orzán pide que se traslade o ocio nocturno fóra das zonas residenciais

Veciñanza do Orzán pide que se traslade o ocio nocturno fóra das zonas residenciais

Denuncian dificultades para conciliar o sono sobre todo as fin de semana

G24.gal 09/09/2024 21:17 Última actualización 09/09/2024 22:04

Contorna do Orzán, na cidade da Coruña. Nos anos 90 aquí chegou a haber uns 80 pubs con licenza. Hoxe en día apenas son 15.

Con todo, a veciñanza denuncia dificultades para conciliar o sono, sobre todo as fin de semana. 

"Seguimos a ter moitos problemas polas persoas que están diante dos locais ás catro e cinco da madrugada", lamenta José Luis Méndez, presidente da Asociación veciñal do Orzán.  

No último ano o Concello instalou varias cámaras de vixilancia na zona. A medida non está a dar os resultados que reclaman os veciños.

"De que valen as cámaras se logo a xente se pon diante dos locais a berrar, a cantar, a pelexarse, e a policía non acode? Nós queremos máis presenza policial e sobre todo que quiten os locais desta zona residencial dunha vez", engade José Luis.

De feito, na Coruña xa existe un centro de ocio na zona portuaria.

José López, avogado da Asociación para a Defensa da Hostalería da Coruña, con asociados na zona do Orzán, non desbota a proposta veciñal: "Se houbese unha iniciativa administrativa en que se lles deran unhas condicións para poder exercer a empresa a súa actividade, non creo que que ningún hostaleiro puxese problemas. Ao contrario, estarían encantados. Pero terían que ter unha negociación para cederlles unhas licenzas por outras, os metros noutro sitio, poñer transporte e, en xeral, condicións para que iso fose viable".        

Como vicepresidente que é tamén da Federación Galega contra o Ruído, José Luis sinala que o problema non se cingue á cidade herculina. Di: "Nestes momentos temos 12 localidades que se uniron xa á Federación Galega contra o Ruído e cada vez estanse a unir máis lugares.

Reclámanlles ás autoridades, tanto Concellos coma Xunta, medidas para que a cidadanía poida exercer o seu dereito ao descanso nocturno.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade