Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Barro sofren restriccións de auga pola seca

Veciños de Barro sofren restriccións de auga pola seca

A Comunidade de Montes de Valiñas impón cortes de auga polas noites para que se recupere o depósito

A Comunidade de Montes de Valiñas publica avisos para informar dos cortes de auga
G24.gal 01/09/2022 13:53

A chuvia que caeu hoxe na maior parte de Galicia non é dabondo nin moito menos para paliar a situación de seca que afecta a moitas localidades. É o caso da parroquia de Valiñas, en Barro. O depósito da traída veciñal está baixo mínimos.

Teñen que cortar a auga polas noites para garantir a subministración, cos conseguintes trastornos que lles ocasiona na vida diaria.

Ata as fontes están case secas na parroquia de Santo André de Valiñas, en Barro. É un dos síntomas da seca que afecta tamén o depósito da traída veciñal, que está baixo mínimos. A comunidade de montes que xestiona a traída vese obrigada a adoptar medias drásticas para garantir a subministración.

Por mor desas restricións os veciños teñen que tirar de recursos e enxeño para a vida diaria. Uns contan que outros veciños que teñen pozo se solidarizan e lles ceden auga, outros recorren a familiares para poñer lavadoras ou ducharse.

Menos inconvenientes sofren os veciños que dispoñen de pozo particular, aínda que moitos aseguran que tamén escasea a auga neles.

No que todos coinciden é en apelar ao consumo responsable da auga, porque sempre hai quen abusa mesmo en situacións delicadas como agora.

Malia que hoxe choveu algo, non é dabondo para que se recuperen os mananciais; daquela, os responsables da traída piden que os veciños non se deixen levar pola falsa sensación de normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos